Galiza é unha Nación

A existéncia de Galiza como nación constitúe un elemento clave na configuración e Image Hosted by ImageShack.usrazón de ser do nacionalismo galego. Os movimentos políticos e as suas organizacións non existen por destinos do azar. O nacionalismo galego é unha necesidade para un país que precisa seguir dotando-se dunha maior consciéncia da sua condición nacional e aumentando o seu nível de auto-organización.

A definición máis precisa utilizada sobre que é unha nación, atopamo-la nun dos libros fundamentais do nacionalismo contemparáneo o Sempre en Galiza. Neste, Castelao fixa os elementos definitórios dunha nación: "Nación é unha comunidade estábel, historicamente formada de idioma, de território, de vida económica e de hábitos sicolóxicos reflexados nunha comunidade de cultura. Somentes a existéncia de todos estes siños distintivos, en conxunto, pode formar a nación". É evidente que Galiza reune todas estas condicións.

A Autodeterminación é un direito inalienábel dos povos e nacións, que está recoñecido en numerosos tratados e convénios internacionais (moitos deles subscritos polo Estado Español). Os exemplo máis recentes de nacións que conseguiron o recoñecimento do direito a decidiren libremente o seu futuro atopamo-lo en Timor Leste, no Quebec ou o povo Saharaui, que segue loitando para que se efectivice o referendum pola autodeterminación e se cumpran as resolucións do ONU neste sentido.

A realidade plurinacional do Estado Español é unha evidéncia, por moito que PP e PSOE intenten camuflar e negar. Unha realidade que ten a sua plasmación nas diferentes dinámicas sociais, culturais, económicas e políticas que se dan en cada nación.

A situación de marxinalidade que Galiza ocupa no Estado foi denunciada e posta de manifesto en diferentes ocasións: cota láctea, desmantelamento da nosa frota pesqueira, rendas por debaixo da média, marxinación nos investimentos que fai o Estado... O acontecido co Prestige non é máis que outra mostra desta situación de marxinación e da falta de soberania política da nosa nación. Superar esta situación depende de todos e todas nós.

Galiza Nova, ven defendendo unha série de propostas que pretenden enfrontar con garantias un cámbio no destino que de xeito interesado se lle veu impoñendo a este país. A reforma da Constitución recoñecendo o carácter plurinacional do Estado e garantindo o direito a autodeterminación, a supresión dos artigos da Constitución que lle outorgan ao exército o ameazante papel de garantir a "integridade territorial " do Estado, garantir a presenza de Galiza en todos os foros europeus onde se tomen decisións que lle afecten, e converter ao Senado nunha cámara de representación das nacións serian catro medidas que permitirian un cámbio da maneira de ser e de estar no noso país na península, en Europa e no mundo.

Mais estes cámbios só serán posíbeis coa decidida auto-organización da sociedade galega a todos os níveis. A mocidade galega participará nel porque nos vai a vida no empeño: no logro de emprego estábel, dunha sociedade igualitária e non dependente, cunha cultura e idioma restituidos e, en definitiva, coa dignidade de sermos parte dunha nación con soberania para trazar o seu futuro chamada Galiza.

Chuzame! chuzame -