Image Hosted by ImageShack.us

Publicado en Municipais'07 | Comentarios desactivados en

Dende os concellos tamén facemos País-Municipais 2007

Con 8 caras novas e co apoio da mocidade nacionalista o BNG de Sarria ven de presenta-la súa candidatura ás vindeiras eleicións municipais.Con Xosé Luís Castro Páramo á cabeza o BNG sarriao aposta polo cambio dando paso a xuventude na lista coa que concorre á próxima cita eleitoral. Con gañas e moito ánimo presenta a seguinte candidatura:

 

1. Xosé Luís Castro Páramo (Sarria)

2. Xermán Arias López (Barbadelo)

3. Mónica López Rodríguez (Santiago da Veiga)

4. Hilario Fernando Moscoso (Sarria)

5. María Elvira Pallares Gallego (Sarria)

6. Rebeca Vázquez Díaz (San Xulián da Veiga)

7. Luis María Ulloa Guitián (Oural)

8. Luis Anxo López Melle (Sarria)

9. Mª Beatriz Arias (Vilamaior)

10. Xosé Xabier López Gudín (Barbadelo)

11. Lucía López Sobrado (Goián)

12. Efrén Castro Caloto (Sarria)

13. Rosa Díaz Díaz (Sarria)

14. Xosé Manuel Varela López (Santa María do Vilar)

15. Xoán Ignacio López García (Treilán)

16. Felipe Fernández Rodríguez (Oural)

17. Ana Belén Pontón Mondelo (Chorente)

Como organización xuvenil do BNG, dende Galiza Nova Sarria non queremos esquece-la traizón sofrida hai catro anos co caso de transfugismo coñecido por todos, apostando pola transparencia na labor política e rexeitando actuacións semellantes a sofrida polo BNG sarriao nas pasadas eleicións municipais entendendo que actos así non poden ser considerados un xeito de facer política.

Dende Galiza Nova Sarria reivindicamo-lo respeto e a dignidade do noso pobo porque cremos que Sarria merece contar cunha política de calidade. Por todo isto respaldamo-la candidatura do BNG no noso concello agardando poder solventar este catro anos que, ao noso ver, foron perdidos para o avance da nosa vila.

Publicado en Municipais'07 | Comentarios desactivados en Dende os concellos tamén facemos País-Municipais 2007